Transpi sin repostar cap. 26


Onte sábado 17 de xullo suso chegóu a Camprodon, despois de ter realizado dende o domingo pasado 6 etapas, nas que percorréu unhos 250 km aproximadamente. O luns día 12 fixo a etapa entre Aneto e Lago san Mauricio, o martes día 13 entre Lago san Mauricio e Os de Civis, o mercores día 14 entre Os de Civis e Ramio, o xoves día 15 entre Ramio e Porta, o venres día 16 entre Porta e a collada de Toses e o sábado día 17 entre a collada de Toses e Camprodon.
O pasado luns recibín unha foto da comida que lle quedaba, e en principio parece que vai a ser suficiente para rematar a proba, aínda que seguramente deberá pasar algo de fame, debido a que lle vai a levar algún día máis dos previstos inicialmente polo que seguramente terá que racionar as provisións. Tamén está rematando as baterías do teléfono polo que as nosas comunicacións cada vez son máis breves, pero atópase bén anímicamente, coa moral alta e deseando rematar para pegarse unha boa panzada alá por Catalunya.
Agradecerlle a Lluis Hernández que me envióu a primeira foto, do día 9 de xullo cando coincidiron con Suso él e unhos amigos en Plana Fonda, entre Pineda e Parzán.
Comentarios